Novidades da Cesta da Saúde

Este é un espazo para compartir novas e reflexións sobre a saúde, a alimentación, a ecoloxía... Queremos que sexa un lugar participativo, así que agardamos os teus comentarios e as túas opinións. E se queres aportar algo, escríbenos ao noso correo: bio@acestadasaude.es. A túa colaboración será benvida.



Alimentos que compoñen a Cesta da Saúde desta semana

Brocoli_brotes.jpgbrócoli verza_riza.jpgVerzas    Cabacio.jpgCabaciños xudias-verdes-rede.jpgXudías platanos.jpgPlátanos
chicharos.jpgchícharos tirabeques.jpgtirabeques acelga_verde.pngAcelgas

pimiento_rojo_asar.jpg

Pemento California

manzana_fuji.jpgMazá fuji
lechuga_batavia.jpgleituga champion_portobello.jpgChampiñóns porros.jpgPorros pimiento-verde.jpgPemento verde Pera_Red_Barlet.jpgPera Red Barlet
pataca.jpgPatacas allos.jpgAllos boniato.jpgBoniatos Leituga_folla_de_carballo.jpgFolla de carballo maz_royal_gala.jpgMazá Royal gala
calabaza-potimarron-.jpgcabaza esparragos.jpgEspárragos fresas.jpgFresas laranxa_mesa.jpgLaranxa mesa laranxa_zume.jpgLaranxa zume
Lote_carne.jpgCarne espinaca_tretagonia.jpgEspinacas      

legumes-4.jpg

Saúde & Solidariedade

...que hai da SOLIDARIEDADE?

-Iso agora non toca; nos din. Hai cousas máis importantes que atender. Amais, é difícil de pronunciar.

Curiosamente as palabras saúde e solidariedade teñen a mesma raiz indoeuropea "*sol" que significa "enteiro" ou "todo". Por iso non é de estrañar que solidariedade se escriba de xeito similar en moitos idiomas europeos.
Supoño que antes que Darwin, incluso antes que Descartes, as palabras tiñan outro significado. A realidade era un todo, era enteira, e todo o que nos rodeaba, incluidas as outras persoas, era unha parte de nós mesmos.
Hoxe as palabras indican anacos da realidade; individualidades. Vemos, ou nos fan ver, loita en todas partes; ou comes ou te comen. As outras persoas son inimigos a batir nesta visión economicista da realidade.
solidaridade está ausente e...a saúde tamén. 
Ao mellor podemos facer algo se cambiamos as gafas coas que queren que vexamos o mundo.
Egoismo e solidariedade, as dúas teñen rango de sentimentos e, sen embargo, unha está cientificamente comprobada, é evidente, nos din. Por qué sera?

Obras_son_amores.jpg

Obras son amores...

...e non palabras doces. 
Este foi o comentario de Paco -que non o Papa- ao alegato que fixo unha amiga en Facebook criticando o individualismo imperante.
Pois eu estou de acordo cos dous; fan falla palabras que axiten conciencias e obras que cambien a realidade que non nos gusta. ¿Que podemos facer nós, cada un de nós?
Podemos actuar dende varias ordes da nosa vida, pero se pensamos dende o papel de consumidores entón temos un GRAN PODER; o que non se consume deixa de existir.
Se pensamos a costa de quen chegan os alimentos ás grandes cadeas de distribución ou a costa de quen chegan a nós moitos dos xoguetes das nosas fillas...entón seremos conscientes do noso poder. 
Pero agora ven a parte negativa; calquera outra alternativa é máis cara, nos din.
Todo depende, diría eu. De cales son os nosos valores e cales estamos dispostos a cambiar.
Uns chámanlle DECRECER pero eu creo que é crecer noutra dirección, unha dirección máis natural e por iso tamén máis humana.

Información de contacto

Contacta connosco. Utiliza o formulario para unha resposta rápida
Visítanos

Estamos en Ramón Cabanillas, nº 10 (zona Praza Roxa)

Santiago de Compostela

tfno 981 59 25 95

Ou escríbenos a

bio@acestadasaude.es

© imaxes e textos, os respectivos propietarios

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos

Formulario de contacto

Todos los campos son requeridos

Localización

Achégate á nosa tenda