Inicio > Novidades > Obras son amores...

Obras son amores...

14/12/2012

Obras_son_amores.jpg

 

Obras son amores...

...e non palabras doces. 
Este foi o comentario de Paco -que non o Papa- ao alegato que fixo unha amiga en Facebook criticando o individualismo imperante.
Pois eu estou de acordo cos dous; fan falla palabras que axiten conciencias e obras que cambien a realidade que non nos gusta. ¿Que podemos facer nós, cada un de nós?
Podemos actuar dende varias ordes da nosa vida, pero se pensamos dende o papel de consumidores entón temos un GRAN PODER; o que non se consume deixa de existir.
Se pensamos a costa de quen chegan os alimentos ás grandes cadeas de distribución ou a costa de quen chegan a nós moitos dos xoguetes das nosas fillas...entón seremos conscientes do noso poder. 
Pero agora ven a parte negativa; calquera outra alternativa é máis cara, nos din.
Todo depende, diría eu. De cales son os nosos valores e cales estamos dispostos a cambiar.
Uns chámanlle DECRECER pero eu creo que é crecer noutra dirección, unha dirección máis natural e por iso tamén máis humana.

Etiquetas: saude cesta solidariedade

Comentarios

Información de contacto

Contacta connosco. Utiliza o formulario para unha resposta rápida
Visítanos

Estamos en Ramón Cabanillas, nº 10 (zona Praza Roxa)

Santiago de Compostela

tfno 981 59 25 95

Ou escríbenos a

bio@acestadasaude.es

© imaxes e textos, os respectivos propietarios

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos

Formulario de contacto

Todos los campos son requeridos

Localización

Achégate á nosa tenda