Inicio > Novidades > Saúde&Solidariedade

Saúde&Solidariedade

19/03/2013

Saúde & Solidariedade

...que hai da SOLIDARIEDADE?

-Iso agora non toca; nos din. Hai cousas máis importantes que atender. Amais, é difícil de pronunciar.

Curiosamente as palabras saúde e solidariedade teñen a mesma raiz indoeuropea "*sol" que significa "enteiro" ou "todo". Por iso non é de estrañar que solidariedade se escriba de xeito similar en moitos idiomas europeos.
Supoño que antes que Darwin, incluso antes que Descartes, as palabras tiñan outro significado. A realidade era un todo, era enteira, e todo o que nos rodeaba, incluidas as outras persoas, era unha parte de nós mesmos.
Hoxe as palabras indican anacos da realidade; individualidades. Vemos, ou nos fan ver, loita en todas partes; ou comes ou te comen. As outras persoas son inimigos a batir nesta visión economicista da realidade.
solidaridade está ausente e...a saúde tamén. 
Ao mellor podemos facer algo se cambiamos as gafas coas que queren que vexamos o mundo.
Egoismo e solidariedade, as dúas teñen rango de sentimentos e, sen embargo, unha está cientificamente comprobada, é evidente, nos din. Por qué sera?

Comentarios

Información de contacto

Contacta connosco. Utiliza o formulario para unha resposta rápida
Visítanos

Estamos en Ramón Cabanillas, nº 10 (zona Praza Roxa)

Santiago de Compostela

tfno 981 59 25 95

Ou escríbenos a

bio@acestadasaude.es

© imaxes e textos, os respectivos propietarios

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos

Formulario de contacto

Todos los campos son requeridos

Localización

Achégate á nosa tenda