A Botica da Natureza en A Cesta da Saúde

Os meles de a Cesta da Saúde foron escollidos de entre os meles máis naturais da colleita deste ano. Son meles de apicultoras e apicultores ecolóxicos que aloumiñan ás súas abellas.

Abellas e flores situadas en montes libres de contaminación; Ancares, Caurel, Larouco, Cando, Suído... de onde se obteñen os meles máis naturais colleitados por apicultoras que saben como conservar o impagable traballo das abellas. Para que así sexa, o mel é extraído por centrifugado, filtrado, decantado e envasado. Sen quentalo en ningún momento para que conserve intactas todas as súas propiedades.

Na Cesta da Saúde contamos coa colaboración de Xosé Manuel Durán Orús. Químico de formación e apicultor por vocación, é hoxe unha referencia no mundo da apicultura. Pola súa ampla experiencia tanto na Asociación Galega de Apicultura como na IXP Mel de Galicia é un experto coñecedor das abellas e do mel sendo últimamente un dos divulgadores da apicultura natural sen tratamentos e colaborador do proxecto PESTICIDAS NON GRAZAS que defende e divulga unha agricultura sen pesticidas

Cargando galería...

 

Meles da colleita 2016-2017

Foi esta unha colleita cativa e moi irregular por mor, principalmente, da climatoloxía. Destaca a presenza do néctar das silvas e a escasez de breixos dando como resultados meles de sabor máis ben suaves na súa grande maioría. Marróns ou vermellos na zonas de montaña e dourados nos vales.

Mel da Serra do Larouco

Mel de castiñeiros, silvas e carballlos colleitado polas abellas de María Teresa Castro Ferreiro en Rairiz de Veiga, Ourense. Ao longo do ano foi colleitando e envasando os meles das distintas floracións

Polo mes de xullo colleitou o mel de silva, de cor dourada e sabor suave.

Despois o mel de castiñeiro, de cor marrón escura e sabor máis intenso e característico con notas salgadas.

Por último foi o mel de carballo (Quercus pyrenaica) de cor moi escura e sabor intenso e malteado.

foto_Rairiz_de_Veiga.jpgpolemel.jpg

 

Mel da Serra do Caurel

Mel de castiñeiros e breixos colleitado pola abellas de Manuel Macia na Serra do Caurel, Quiroga, Lugo.

Colleitou dous meles; o primeiro foi de breixo (Erica umbellata) con certa cantidade de néctar de silvas dando como resultado un mel lixeiramente vermello e de sabor suave.

A seguinte floración foi a do castiñeiro de cor ben escura e sabor intenso aínda que suavizado pola presencia do nectar das silvas.

alvariza.jpgbote_mel.jpg

 

Mel da Serra dos Ancares

Mel de castiñeiros, breixos, silvas e carqueixas de Suavila, Anacares. Colleitado polo apicultor Miguel González Novo en Suavila, Cervantes. Colleitou o seu mel a finais de setembro obtendo como resultado o conxunto de todos os néctares de todas as flores nas que as abellan traballaron durante o ano. É un mel biodiverso con todos os matices dun mel de alta montaña de cor escura e sabor intenso.

 

Mel da Serra do Candán

Mel de silvas da alvariza da Asociación de Productoras e Productores Ecolóxicos de Galicia en Abelaído, A Lama. Colleitado no mes de setembro deu un mel de cor clara e sabor suave propio dos vales que forma o río Verdugo.

 

Mel da Serra do Suído

Mel de silvas e castiñeiros colleitado polas abellas da alvariza de Xosé Manuel Durán Orús en Covelo

Información de contacto

Contacta connosco. Utiliza o formulario para unha resposta rápida
Visítanos

Estamos en Ramón Cabanillas, nº 10 (zona Praza Roxa)

Santiago de Compostela

tfno 981 59 25 95

Ou escríbenos a

bio@acestadasaude.es

© imaxes e textos, os respectivos propietarios

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos

Formulario de contacto

Todos los campos son requeridos

Localización

Achégate á nosa tenda