Arroz cremoso con brócoli

20/08/2012

Descarga a receita en pdf!

Información nutricional:

O brócoli, como as verzas, grelos, repolos, etc. atesoura unhas propiedades antioxidantes e antitumorales moi importantes. Estos “poderes” son comúns a todas as crucíferas entre as que se atopa tamén a rúcula, coliflor e a navicol. Xunto coas sustancias antioxidantes máis inmediatas e a curto prazo, están outras sustancias moito máis importantes que incitan ao noso organismo a xenerar sustancias antioxidantes propias cun efecto a máis longo prazo; estos son os glucosinolatos.

Pero para aproveitar todos estos “poderes” deberemos cociñalos ao vapor durante 15 min no caso do brócoli ou en moi pouca auga e engadilo cando esta comece a ferver. Se optamos por cocelos en abundante auga, deberemos aproveitar o caldo resultante xa que nel estarán moitas de estas sustancias; por algo se aproveita o caldo despois de facer o cocido!

 

Ingredientes  (para dúas persoas):

 -Dúas medidas de arroz (200 Gr aprox.)

-500 Gr de brócoli

-Media cebola

-150 Ml de nata líquida (animal ou de soia)

-Aceite de oliva

-Auga

-Sal e pementa

É recomendable empregar un instrumento de cocción ao vapor

 

Elaboración

1. Lavamos e cortamos o brócoli. Para a presentación da nosa receita, separaremos os brotes en grupos pequenos

brocoli-cortado.jpg

 

 

 

 

 

 

 

 

2. Cortamos a cebola en anacos pequenos. Poñemos a cebola a dourar cun pouco aceite, a lume suave. Cando comeza a coller cor,

engadimos o arroz e sofritimos brevemente

cebola-pochada-e-arroz.jpg

Engadimos medio vaso de auga, subindo un pouco o lume para que colla temperatura 

Cando a auga ferva, baixamos o lume de novo e botamos a nata. Deixamos facer durante 10-15 minutos, engadindo auga se é preciso. Trátase de que o arroz quede cremoso;  en ningún momento seco, pero tampouco con exceso de líquido 

3. Ao tempo que preparamos o arroz, poñemos o brócoli a cocer. Botaremos un pouco de auga nunha pota, de xeito que quede por debaixo do instrumento de cocer ao vapor, sen tocar a verdura. Cocemos durante 12-15 minutos coa pota tapada. Para cocer ao vapor é suficiente un lume baixo, co cal aforramos enerxía

4. Á hora de facer a presentación, estendemos o arroz nun prato e sazonamos con sal e pementa moída. Deste xeito, o sabor do condimento será máis evidente e inesperado. Colocamos o brócoli formando un pequeño “bosque” e servimos

Bo proveito!

arroz-con-brocoli.jpg

Comentarios

Información de contacto

Contacta connosco. Utiliza o formulario para unha resposta rápida
Visítanos

Estamos en Ramón Cabanillas, nº 10 (zona Praza Roxa)

Santiago de Compostela

tfno 981 59 25 95

Ou escríbenos a

bio@acestadasaude.es

© imaxes e textos, os respectivos propietarios

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos

Formulario de contacto

Todos los campos son requeridos

Localización

Achégate á nosa tenda