Crema de leituga

19/08/2012

Descarga a receita en pdf

Información nutricional:

A leituga é un alimento baixo en calorías na que non destaca ningún nutrinte especialmente. Se embargo contén sustancias que axudan a conciliar o sono e a evitar a flatulencia. Como vexetal que é contén fibra o que nos fai ter a sensación de saciedade e nos axuda a manter o ritmo dixestivo.

 

Ingredientes (para seis racións):

 -Unha leituga

-Dúas patacas medianas

-Unha cebola

-Aceite de oliva

-3/4 L de auga

-Sal e pementa

-Opcional: touciño, copos de avena, millo e tomate


Elaboración

1. Lavamos e cortamos as follas de leituga. Pelamos e lavamos as patacas. Troceamos a cebola, sen necesidade de que os anacos sexan moi pequenos.

2. Nunha ola rápida, ou convencional, botamos un chorriño de aceite e douramos a cebola a lume suave, ata que empece a cociñarse.

3. Engadimos ¾ L de auga, botamos as patacas e a leituga, e cocemos durante 7-10 minutos na ola rápida, ou 20-25 na convencional.

4. Pasamos a batedora ata obter unha crema ligada. Poñemos sal e pementa ao punto, e servimos.

Como variante, pódese engadir touciño afumado (bacon) no punto segundo. Tamén se pode servir a crema cuns copos de avena. E aínda que é recomendable servila quente, tamén se pode tomar tépeda ou fría, incluso engadíndolle algúns “tropezóns” de millo e tomate; un xeito distinto de tomar unha ensalada.

Consello: Se queremos que a nosa crema quede máis espesa, podemos aumentar a cantidade de pataca

crema-de-leituga.jpg

Comentarios

Información de contacto

Contacta connosco. Utiliza o formulario para unha resposta rápida
Visítanos

Estamos en Ramón Cabanillas, nº 10 (zona Praza Roxa)

Santiago de Compostela

tfno 981 59 25 95

Ou escríbenos a

bio@acestadasaude.es

© imaxes e textos, os respectivos propietarios

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos

Formulario de contacto

Todos los campos son requeridos

Localización

Achégate á nosa tenda