A CESTA DA SAÚDE
Tenda de alimentos frescos ECO directos dende os labregos para un consumo xusto responsable e coidadoso coa nosa saúde, coa xente e co medio.
Tel.: 981 59 25 95
Hai quen compra mel e quen decide levar unha pinga de natureza para a casa.
Hai quen compra froitas e verduras e quen elixe levar a horta que sempre quixo ata a súa cociña.
Por sabor. Por textura e por frescura. Por saúde. Por calidade. Por orixe. Por compromiso. Na Cesta da Saúde seleccionamos os mellores meles de Galicia para encher de saúde a túa cesta da compra.
Confía nos nosos produtos! Confía nos nosos abelleiros! Confía nos nosos meles! Ven visitarnos á Cesta da Saúde e descubre todo o que as abellas poden facer por ti.
Das mellores terras saen os mellores produtos. E dos mellores produtos obtense o maior benestar. Sen químicos. Coidados con todo o agarimo a menos distancia da que pensas. Escollidos hai menos dunha hora para que os goces só unha hora despois.
Consume fresco! Enche o teu fogar de alimentos acabados de colleitar. Consume san! Leva á túa casa toda a saúde dos nosos campos. Consume de preto! Sen aditivos. Sen conservantes. Sen artificios. Elixe frescura! Elixe Galicia! Elixe saúde! Para a túa casa, elixe o noso! Na Cesta da Saúde poderás atopalo.
Traballamos man a man con familias labregas da nosa contorna para que así os alimentos cheguen frescos ao teu fogar!
Tenda de alimentos frescos ECO directos dende os labregos para un consumo xusto responsable e coidadoso coa nosa saúde, coa xente e co medio.
Tel.: 981 59 25 95