100% carne de animais pastoreados en prados libres, libre de antibióticos, ecolóxica e de familias labregas locais.
Aínda que parecidas, non todas as carnes son iguais. Aínda que sexan carnes ecolóxicas certificadas hai grandes diferenzas entre as carnes procedentes de animais alimentados con pastos a de animais alimentados con cereais. Se o gando puidera escoller nunca escollería os cereais a base de soia e millo por moi ecolóxicos que fosen e iría con ansia ás verdes praderías.
Os animais que pastan en liberdade teñen unha carne con maior valor nutricional xa que a súa carne ten maior contido en ácido linoleico conxugado CLA de tres a cinco veces maior que nos animais alimentados con cereais.
Este ácido graxo, CLA polas súas siglas en inglés, ten importantes beneficios para a nosa saúde xa que axuda a combater o cancro, reduce a resistencia á insulina e mellora a composición de graxa corporal.
Esta carne tamén é máis magra e con maiores niveis de vitaminas e minerais como calcio, magnesio e potasio e ten unha proporción máis saudable das graxas omega-6/omega-3.
Estos animais son criados pola familia labrega formada por Esther Torreira e Xosé Luis Rodríguez na parroquia de As Trabancas en Agolada, Pontevedra. Ao seu proxecto puxéronlle por nome “Chotoiba”, que así se chama a finca na que teñan a casa e o gando, e que ten xa 8 anos de vida!!!.
Os animais que crían e pastorean Esther e Xosé Luis son da raza limiá, unha das 5 razas autóctonas galegas e a súa carne tela dispoñible cada 15 días en A Cesta da Saúde… para que a goces con saúde!!!
1 comentario en “100% carne de pastos libres”
Buenos días
Quería saber si la carne de Chotoiba se prepara en un lugar libre de contaminación por gluten?
Gracias de antemano
Un saludo