Aceite en rama, aceite con todo
O aceite “en rama” é aquel que non é filtrado en exceso polo que contén todos os polifenois que lle son propios, tanto os polares coma os apolares.
Hoxe falaremos do aceite “en rama” da variedade Arbequina dunha pequena almazara navarra chamada Artajo. De 8 quilos de olivas entreveradas extráese 1 litro de zume que é rapidamente envasado sen filtrar para que así se conserven intactas todas as súas extraordinarias propiedades.
Os polifenois son nutrintes e antioxidantes naturais moi potentes que axudan a preservar os acidos graxos polinsaturados presentes no aceite.
Sábase que unha dieta rica en polifenois vexetais axuda a mellorar a nosa saúde e a diminuír a incidencia de enfermidades cardiovasculares. Ademáis teñen efectos probióticos que axudan a ter unha correcta e saudable flora intestinal.
Cando probes este aceite apreciarás un intenso aroma con sabor algo picante e moi afrutado que é o que corresponde ao aceite extraído de olivas no seu punto óptimo de maduración que, aínda que non dá moito rendemento en canto a cantidade si que o dá en canto a calidade; non se pode ter todo!!!
Referencias: