Alcachofas guisadas

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
– 6 alcachofas
– 100g de améndoas
– 3 tomates
– 2 dentes de allo
– pemento doce ou azafrán
– AOVE
– sal e pementa ao gusto
– 1 limón
Pelamos as alcachofas aproveitando o seu talo e así como as imos pelando ímolas untando co medio limón para que non escurezan. Reservámolas.
Mentres tanto cortamos uns dentes de allo e os pasamos nunha tixola cun pouco de AOVE. Retirámolos do aceite e os poñemos no morteiro.
Nese aceite douramos un pouquiño as améndoas e así que collan algo de cor as retiramos para o morteiro xunto cos allos.
No aceite no que pasamos os allos e as améndoas botamos as alcachofas cortadas en cuartos e lle damos unhas voltas.
Trituramos o que temos no morteiro xunto cun pouco de pemento doce ou azafrán e o zume de medio limón. De seguido llo engadimos ás alcachofas que temos na tixola.
Deixamos 3 minutos que se integren ben os sabores das alcachofas xunto coa mistura do morteiro e lle engadimos os 3 tomates troceados.
Deixamos que se faga ben todo xunto a lume lento ata que o caldo se suma á metade. Retiramos do lume e…xa está!!

A gozar dun prato moi sabedor, moi saudable e de tempada.
Bo proveito!!!

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
A alcachofa apórtanos potasio e vitamina A e axúnosda a frear o envellecemento das nosas células e da nosa pel.
Tamén axuda a reducir os niveis de colesterol y triglicéridos e a evitar a retención de líquidos.

As améndoas ofrécennos magnesio e vitamina E. Tamén nos axudan a rexuvenecer a nosa pel.