Alcachofas con salsa de améndoas

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
– 6 alcachofas
– 50g de améndoas
– 1 cebola
– 3 tomates pelados
– 1 vaso de viño branco
– 2 vasos da auga de cocer as alcachofas
– 1 ñora, se hai
– Pementa negra ao gusto
– Tomiño ao gusto
– Ourego ao gusto
– AOVE
– 1 limón
– 1 folla de loureiro
Preparamos as alcachofas quitando as follas externas ata quedar co corazón. Cortamos as punta duras do corazón. Ímolas botando nunha ola con auga na que exprimimos medio limón para que as alcachofas non se oxiden.
Poñémolas a lume baixo nesa mesma auga e cocemos ata que estén tenras. Escurrimos e reservamos a auga para a salsa.
Se temos unha ñora a poñemos a remollo en auga morna. Cando estea branda, raspamos a carne cun coitelo.
Cortamos a cebola en trozos e os allos pola metade. Os tomates que utilicei eran tomates pelados en conserva.
Para preparar a salsa cubrimos o fondo dunha ola con AOVE e tostamos as améndoas. Retirámolas e nese mesmo aceite pasamos a cebola, os allos e a folla de loureiro deixando facer todo a lume baixo.
Despois engadimos os tomates xunto coa ñora e deixamos que se fagan. De seguido botamos o viño e deixamos uns segundos que se evapore o viño.
Xuntamos o sofrito coas amédoas e trituramos todo usando uns vasos da auga da cocción se fose preciso para que a salsa quede solta.
Xa por último, dispoñemos as alcachofas no fondo dunha ola e botamos o salsa por enriba xunto con un pouco máis da auga de cocelas. Deixamos cocer todo a lume baixo durante 10 min para que se integren os sabores.

Só queda saborealas e que as degustades con saúde. Bo proveito!!!

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
A alcachofa rexenera e depura o noso fígado e agora están en sazón.