Alcachofas en tempura con salsa de améndoa

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
– 6 alcachofas
– 1 limón cortado pola metade

Para a maionesa:
– 1 ovo
– 10g de auga
– 200ml de aceite de xirasol
– 50g de améndoa tostada

Para a tempura:
– 125g de fariña
– 125g de cervexa negra
– 3g de sal
– 10g de sésamo negro
Pelamos as alcachofas xunto co talo e inmediatamente as untamos ben cun limón cortado pola metade para evitar que se oxiden.
De seguido, cocémolas ao vapor e reservamos

Preparamos á maionesa emusionando todos os ingredientes xuntos menos as améndoas. Unha vez emulsionado, botamos as améndoas tostadas e voltamos triturar.

Para preparar a tempura, trituramos a modiño todos os ingredientes xuntos.

Despois imos mollando as alcachofas na tempura e fritimos en abundante aceite de xirasol quente ata que a tempura quede crocante.

Por último empratamos coa maionesa e máis co sésamo e a gozar dunha sabedora receita de tempero.

Como alternativa podemos cambiar as alcachofas por romanesco ou coliflor.

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
É esta unha receita que permite desfrutar das alcachofas dun xeito máis atractivo para iniciarse no seu consumo ou ben para gozar dun prato ben sabedor aínda que despois teñamos que queimar algunha caloria máis ;)

A alcachofa e un alimento maravilloso para o noso fígado.

Esta receita debémoslla ao restaurante A Moa, na rúa de San Pedro, 32. Santiago de Compostela