Bacallao ao mel galego con coles de Bruxelas

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
– 4 postas de bacallao desalgado
– Fariña de millo para rebozar
– 2 cebolas medianas
– 500 g de coles de Bruxelas
– Uvas pasas sultanas
– Piñóns ou noces
– 2 culleres de mel
– Pementón doce
– AOVE
– Pirixel ou ceboliño picado para empratar
Unha vez desalgado o bacallao enfariñámolo e fritímolo primeiro coa pel cara a abaixo e depois por todos os lados. Reservamos o bacallao e, no seu aceite, sofritimos as cebolas. Unha vez teñamos a cebola transparente botamos o mel, as pasas sultanas, os piñóns e unha culleriña de pementón. Deixamos facerse 2 minutos e botamos as coles de Bruxelas. Deixamos cocer a lume lento durante 10 minutos. Cando as coles estean cocidas poñemos o bacallao por enriba e esperamos uns minutos a que se quenten. Empratamos cada posta de bacallao botándolle por enriba a salsa e as coles. Bo proveito!!!

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
Nesta receita xúntanse o poder terapéutico do mel co amplo contido de vitaminas e minerais dos demais ingredientes. Recomendado para todas as idades, sobre todo estudantes xa que os nutrientes do bacallao axudan á concentración e combinado cos froitos secos melloran o noso sistema nervioso. O bacallao achéganos proteína de alto valor biolóxico, rico en cinc, fósforo e Vit D que, xunto aos flavonoides das uvas pasas, nos protexen e achégannos antioxidantes que melloran a nosa saúde cardiovascular.
Os piñóns e as noces son ricos en graxas poliinsaturadas, fósforo, magnesio e fibra, o que fan deste froito seco un gran aliado para os esforzos físicos e mentais.
O mel debería estar presente na nosa alimentación diaria. Rico en encimas, propiedades antisépticas, antiinflamatorias, antioxidantes… fan del un alimento terapéutico sobre todo nesta época do ano.
Receita achegada polo noso cociñeiro #andaunosonacociña