BISCOITO DE CABAZA

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
280 g de fariña de espelta
10 g de lévedo en po
65 ml de AOVE ou aceite de coco
100 g de panela
65 ml de leite vexetal
Un chisco de vainilla
330 g de puré de cabaza
Especias ao gusto: xenxibre, canela, noz moscada, cardamomo en po…
Sementes de cabaza
Poñer a cabaza a asar no forno ou cocela ao vapor uns minutos para conseguir o puré. Reservalo.
Peneirar a fariña e engadir o lévedo, panela e especias. Po outra banda, mesturar os ingredientes líquidos: AOVE, bebida vexetal e puré de cabaza. De xeito envolvente xuntar as dúas partes e introducir todo nun molde adecuado. Decorar con sementes de cabaza e meter ao forno a 180º durante 40 minutos aprox.

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
A cabaza ten un 90% de auga pero é rica en betacarotenos que nos protexen e axudan á pel, á vista e ás mucosas. Ten unha alta proporción de fibra polo que favorece o tránsito intestinal e axuda a manter o colesterol a raia. É dixestiva e moi versátil na cociña.
As sementes de cabaza son ricas en omega3, magnesio e cinc. Grazas a isto ten propiedades antiinflamatorias e cicatrizantes, axuda ao sistema nervioso e á próstata.
O xenxibre é un rizoma con propiedades dixestivas, antiinflamatorias e antioxidantes. Diminúe as náuseas e os mareos. Axuda nos procesos inflamatorios como a artrite ou a reuma.
A canela axuda a regular os niveis de glicosa en sangue. É dixestiva, afrodisíaca e antiséptica.
A espelta é un cereal altamente enerxético con proteínas de alto valor biolóxico. Fonte de vitamina do grupo B é máis fácil de dixerir que o trigo común.