Calçots con salsa romescu

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
– 24 calçots
– 2 tomates
– 2 ñoras
– 50g de avelás
– 50g de améndoas
– AOVE
– 1 cabeza de allos
– 1 culleriña de vinagre
– sal ao gusto
Para a salsa:

Poñemos a remollo as ñoras durante 30 min e unha vez hidratadas reservamos.
Asamos os tomates e a cabeza de allo durante 30 min a 160ºC. Despois pelamos os dentes de allo e os tomates e lles retiramos as sementes.
Xuntamos a carne das ñoras xunto co tomate, os allos, as avelás e as améndoas cun pouco de AOVE e unha culleriña de vinagre. Trituramos todo xunto ata ter unha textura cremosa. A cantidade de AOVE dependerá da cremosidade que queiramos. É mellor ir engadindo o aceite pouco a pouco para que non resulte aceitosa.

Para os calçots:

Lavamos e limpamos os calçots.
Dourámolos á prancha a lume medio para que non se queimen e se cociñen todo por igual.

Empratamos os calçots coa salsa romescu….e a gozar!!!

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
Os calçots deben o seu nome a que unha vez prantadas as cebolas e xa brotadas vanse arrendando con terra (calzando) para que se estiren a medida que crecen obtendo así un alimento moi rico en nutrintes.
Teñen fibra e fósforo para os nosos ósos, antioxidantes e vitaminas B e C. Ademais é un alimento moi diurético axudando a depurar o nosos riles.

Grazas a Cris por esta sabedora receita do restaurante La Alacena de Cris en Pintor Juan Luis, 3. Zona da Pontepedriña. Santiago de Compostela.