COLES DE BRUXELAS & CHOURIZO

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
– 350 g de coles de Bruxelas eco por persoa
– 1 cebola eco mediana
– 1 dente de allo
– AOVE eco para pasar a cebola e o dente de allo
– 1 chourizo eco por persoa
– 1 tomate eco mediano ou 3 culleres de salsa de tomate (opcional)
Nunha tarteira botamos un bo chorro de aceite e pasamos a cebola e o dente de allo a lume medio tendo conta de non queimar o allo. Cando a cebola estea transparente engadimos o chourizo picado en toros finos e deixamos que se fagan xuntos a lume baixo durante uns minutos mentres limpamos as coles. De seguido, botamos as coles xunto co tomate ou a salsa e un pouquiño de auga se vemos que os ingredientes están moi secos.
Mentres se fai podemos preparar unha ensalada con pac choi, endivias, apio, granada, cenoria, noces e xucrute de Meraki.
Para unha opción vegana podemos substituír o chourizo por Calabizo.

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
As coles de Bruxelas achégannos xofre, calcio e vitamina C que axuda a fixar o seu contido en ferro.
O chourizo é rico en vitaminas do grupo B, ferro e magnesio. Os seus condimentos axudan a segregar os zumes gástricos e axudan na dixestión.
Se optamos polo Calabizo, este achegaranos provitamina A, fibra e menos colesterol.

As crucíferas axúdanlles ás nosas defensas e, se son combinadas cunha boa proteína, permiten asimilar mellor as súas propiedades.
A receita é achegada por Andaunosonacociña