CREMA DE BRÓCOLI E AMÉNDOA

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
– 2 brócolis
– 100 g de améndoas
– 2 dentes de allo
– 1 cebola
– AOVE
– 50 ml de viño branco
– 1 rebanda de pan
– Sal e pementa
Pasamos a cebola e os allos durante 3 minutos. Engadimos o viño e deixamos que ferva 1 minuto. Engadir o brócoli e caldo de verduras para cubrilo. Deixar facer 10 minutos (as verduras “ao dente” manteñen máis as súas propiedades). Engadimos as améndoas, o pan e as especias, e trituramos todos ata conseguir unha crema densa. Servir con améndoa laminada e un chorro de AOVE.

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
O brócoli contén xofre, gran aliado do sistema inmunitario. O calcio para os nosos ósos e o ferro para fortalecernos.
A cebola e o allo axudarannos a loitar contra os patóxenos e manter forte a nosa microbiota.
As améndoas achegarannos graxas insaturadas para a saúde cardiovascular, fibra e calcio.