ENSALADA DE COL LOMBARDA

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
– 500 g lombarda
– 2 cenorias
– 1/2 granada
– Ravos
– Para o aliño: 3 culleradas de AOVE + 1 cullerada de vinagre de Xerez + 2 culleradas de zume de laranxa, 1 cullerada de mel, ½ cullerada de mostaza, sal e pementa negra
Picar a lombarda en anaquiños finos. Se non somos capaces de consumila crúa saltearémola cun pouco de AOVE. Picar as cenorias en tiras e os ravos en rodiñas. Engadir a granada. Mesturar todo co aliño. Convén repousar a ensalada 15 minutos para que se integren todos os ingredientes.

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
A lombarda é unha crucífera rica en antocianinas (cor morada) que son antioxidantes que nos protexen contra o cancro e rica en fibra.
O ravo achega nutrientes como o fósforo, vitaminas do grupo B e vitamina C. É un gran protector do fígado.
A granada é diurética, vasotónica e un gran antioxidante.