Ensalada de millo miúdo (mijo) con aliño de miso e sésamo

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
Para 2 persoas:

-100g de millo miúdo
-100g de tirabeques
-50g de uvas pasas
-50g de tomatiños
-1 ceboleta pequena
-1 culler de AOVE

Para o aliño:

-1 culler de sésamo negro
-3 culleres de AOVE
-1 culler de vinagre de mazá
-1 culler de pasta de miso
-Sal

Para o aliño:
Mesturamos todos os ingredentes e reservamos. Se fose preciso, pódese mesturar a pasta de miso cun pouquiño de auga e engadilo despois á mestura.

Para a ensalada:
Comezamos hidratando as uvas pasas. Cocemos o millo miúdo en abundante auga fervendo durante 45 min aprox., arrefriamos e reservamos.
Salteamos os tirabeques cun chisco de sal e engadimos as uvas pasas.
Cortamos a ceboleta en aros finos e os tomatiños en metades.
Mesturamos os tirabeques así salteados co millo miúdo e o aliño. Decoramos cos tomatiños e a ceboleta. Engadimos un chisco máis de aliño por enriba e…bo proveito!!!

Podemos substituir os tirabeques por xudías se previamente as escaldamos antes de saltealas.

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
O millo miúdo é considerado un superalimento pola súa riqueza nutricional e ademais non contén glute.
É rico en calcio, magnesio e ferro. Contén vitaminas do grupo B polo que é utilizado de xeito terapéutico para paliar problemas de ansiedade, depresión ao tempo que prevén contra perdas de memoria.
Tamén posúe propiedade alcalinizantes que axudan a regular o pH do noso organismo.

O miso ten propiedades antioxidantes e depurativas. Tamén nos aporta proteína, ferro, fósforo e potasio. O miso sen pasteurizar apórtanos enzimas dixestivas que favorecen á nosa flora intestinal e axudan nos procesos dixestivos.

Os tirabeques son unha leguminosa da familia dos chícharos pero deles cómese a vaina xa que a súa semente é ben discreta. Rico en fibra e cantidades apreciables de vitamina C e B3, carotenos e folatos.

É un receita aportada pola nosa amiga Cris, de La Alacena de Cris na rúa Pintor Juan Luis, 3. Zona da Pontepedriña