Ingredientes ecolóxicos e de familias labregas “Nonéomesmo” do noso rural que atoparás na Cesta da Saúde.
– 200 g de quinoa
– 100 g de cabaza
– 100 g de pera
– 100 g de caqui
– 50 g de uvas pasas
– 50 g de figos secos
– 500 g de chirimoia
– vinagre
– AOVE
– Sal
– Ceboliño
Lavar a quinoa e cocela 10 minutos. Cortar a cocción lavando con auga e escoar. Reservar.
Cortar en cadros a cabaza, a pera, o caqui e os figos. Mesturar coas pasas, incorporar a quinoa escoada e aliñar con aceite e sal.
Esmiuzar a chirimoia sen sementes e engadir de 10 a 15 cl de vinagre de Xerez. Trituramos todo ata que quede unha crema líquida (incorporar aceite de ser necesario).
Empratar unha porción da mestura de quinoa engadindo por enriba a vinagreta de chirimoia. Decorar con ceboliño e bo proveito!!
Como facer?
Que nos achega?
Receita achegada polo Restaurante A Moa na rúa de San Pedro, 32 B
www.amoa32.com