ENSALADA TUTIPLÉN

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
– 1 Endivia eco
– 1 Cenoria eco
– 4 Noces eco
– 1 Ramiña de apio eco
– 1/3 de aguacate
– 1/2 Cabaciño
– 1/4 de granada
– 1 Tomate mediano
Lavamos e picamos as verduras. Debullamos a granada e cascamos as noces. Aliñamos cun chisco de sal do Himalaia, un pouquiño de vinagre de mazá e un bo chorro de aceite de oliva virxe extra ecolóxico. En 10 minutos temos lista unha saborosa ensalada.

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
As endivias achégannos vitaminas C e E e protéxennos dos radicais libres. Tamén calcio e fósforo para a nosa saúde ósea.
A cenoria a súa provitamina A, tan importante para as nosas mucosas, vista e pelo.
As noces teñen graxas saudables omega3. Ricas en cinc e cobre, axudan na cicatrización e potencian as nosas defensas. Tamén magnesio para o noso sistema nervioso.
O apio é moi antioxidante, dixestivo, diurético e con gran contido en vitamina C.
O aguacate co seu alto contido en potasio e magnesio tamén achega graxas saudables e vitaminas E, K e B6.
O cabaciño é diurético e dixestivo que, xunto á súa alta cantidade de fibra, axuda en casos de estrinximento e a manter os niveis de glicosa en sangue.
A granada axuda a reducir o colesterol e os seus polifenois protéxennos dos radicais libres e reforzan o noso sistema inmune.
O tomate danos licopeno, un gran antioxidante. Axuda na saúde dos nosos pulmóns, próstata e estómago.

Esta ensalada é un auténtico prato cheo de antioxidantes e fibra saciante.

Receita achegada por Andaunosonacociña.