Flan de plátanos sen azucre

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
– 4 plátanos maduros
– 3 ovos
– 250 ml de bebida de avea ou de leite
– Canela
Batemos os plátanos xunto cos ovos, o leite e unha culleriña de canela. Vertemos a mestura nun molde que previamente untamos cun pouco de mel para despois poder desmoldar. Cocemos ao baño maría ou no forno a 180º. Desmoldamos e gozamos desta sobremesa sen azucre.

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
É importante afacer o corpo aos sabores propios dos alimentos e o doce achegado polo plátano fai que gocemos dun prato sen sobrecargar o noso organismo de azucre e obtendo todas as súas propiedades.
O plátano é un gran aliado na recuperación muscular e do sistema nervioso grazas ao seu contido en potasio, magnesio e fósforo. O seu contido en fibra é maior se non está maduro para axudar no tránsito intestinal.
O ovo ten unha proteína completa e biodispoñible e o leite de avea achegaríannos vitaminas do grupo B, que axudan a reducir a tensión e a ansiedade.
A canela é unha especia que axuda a reducir o íncide glicémico, reduce a sensación de doce do plátano e ten propiedades antisépticas, hipoglicémicas e afrodisíacas.

Xa ves que non se precisa azucre para gozar dunha boa sobremesa ;).
Bo proveito!!!