HAMBURGUESA DE BONIATO E FROITOS SECOS

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
– 150 g de fabas brancas cocidas
– 1 cebola morada
– 90 g de froitos secos variados triturados
– 2 culleriñas de avea
– 1/2 porro
– 1 boniato
– Pirixel
– Sal e pementa
Cocer o boniato estonado. Sofritir a cebola e o porro xunto coas fabas cocidas e as especias. Cando estea o sofrito feito engadir o boniato e corrixir o sal. Saltear 5 minutos. Amasamos xunto cos froitos secos e vamos engadindo a avea ata conseguir a consistencia desexada. Darlle forma de hamburguesa e deixar repousar na neveira unha hora. Fritir ao gusto.

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
– Boniato, fonte de betacarotenos, importante para protexer a nosa pel. Emoliente gástrico de fácil dixestión.
– Avea, hidrato de carbono que achega enerxía gradual, fibra e gran aliado para o sistema nervioso.
– Pirixel, fonte de vitamina C.
– Froitos secos, achégannos omega 3, calcio e proteína.