Hummus de millo

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
– 200g de garavanzos cocidos
– 200g de millo cocido
– 1/3 cullerada de comiño
– 1 cullerada ras el hanout
– 1 cullerada de tahina
– O zume dun limón
– sal, pementa
– 2 follas de alfábega
– pemento doce
– AOVE
Mesturar todo (agás a alfábega, o pemento doce e o AOVE) nunha picadora e ir botando pouco a pouco o AOVE ata emulsionar. Rectificar segundo o o gusto de sal e pementa. Empratar decorando con alfábega picada, AOVE e pemento doce.

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
O garavanzo apórtanos enerxía para comerse o día. Os seus poderes son os hidratos de carbono, as proteínas (25g en 100g) e fibra. Moito potasio e tamén calcio, magnesio e ferro con vitaminas B, C e E. Ademais os garavanzos son dos poucos alimentos vexetais que teñen todos os aminoácidos esenciais.
Por se fose pouco, tamén nos axudan a regular o tránsito intestinal, a regular a tensión arterial e ao tránsito intestinal.

Receita aportada por Restaurante A Moa, na rúa de San Pedro nº 32