Kamut caldoso de langostinos e kimchi

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
– 1 taza de kamut ao gusto
– 500g de langostinos ou tofu para opción vegana
– 1 ramiña de apio
– 1 porro
– 2 tomates triturados
– 2 culleradas de Kimchi Meraki
– Chile en escamas para un extra picante ;)
Poñemos o kamut a remollo uns 30 min. De seguido botámolo nun coador e lavamos embaixo do grifo. Reservamos.
Limpamos os langostinos e retirámoslles a vea central.
Cortamos o porro e o apio en rodiñas finas en cantidade a gusto de cada quen.
Nun bol mesturamos o apio, o porro, os langostinos e o kimchi. Se queres un extra spice, ponlle chile en escamas.
Nunha ola botamos uns fíos de AOVE e salteamos o kamut para que colla cor. Despois botamos os tomates triturados e esperamos uns minutos para que se integren os sabores. Seguidamente vertemos 2,5 tazas de auga por cada taza de kamut. Podemos utilizar a auga dos tomates se son tomates enteiros en conserva.
Cocemos a lume medio durante 50 min aprox e retiramos cando o kamut estea feito.
Nunha tixola cun chisco de AOVE botamos o contido do bol cos langostinos e demais ingredientes e cociñamos a lume forte ata que se fagan ao noso gusto.
Empratamos dispoñendo primeiro o kamut e enriba os langostinos e demais vexetais. Rematamos cun punch de kimchi Meraki.
Bo proveito!!

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
O kimchi é un alimento fermentado de repolo e cenoria que axuda a estimular o apetito e limpa os intestinos grazas a súa actividade probiótica. Contén grande cantidade de vit.C, carotenos, calcio e vitaminas A, B1 e B2.
Ademias evita a proliferación da bacteria Helicobacter Pylori.
O kimchi de Meraki está elaborado en Noia e a ela debemos esta sabedora e saudable receita.