Lombarda con mazá e noces

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
1 peza de lombarda Nonéomesmo de 500g aprox
2 mazás Nonéomesmo
1 porro Nonéomesmo (a parte branca)
50g de noces picadas
Un chisco de especias: comino, cilantro, fiuncho…
Sal
AOVE
Os alimentos Nonéomesmo son triplemente ecolóxicos xa que son cultivados polas labregas ecolóxicas de proximidade asociadas á Asociación Nonéomesmo. Ti tamén podes asociarte e contribuir a manter un rural vivo e saudable.
Lavar e cortar a lombarda en xuliana fina.
Escaldar en auga ao vapor, refrescar e reservar.
Cortar o porro en brunoise (cadradiños pequenos) e refogar nunha tixola.
Engadimos a lombarda e refogamos do novo.
Incorporar a mazá, o sal e as especias. Mesturar todo xunto.
Xa por último, incorporar as noces picadas, empratar e…gozar!!!

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
A lombarda apórtanos antocianinas, unhas sustancias que lle dá a súa cor característica. Elas protéxennos os capilares da retina favorecendo unha boa saúde ocular. É diurética grazas ao xofre e ao potasio e ten un bo contido en vit C.
O porro apórtanos alicina que estimula o noso sistema inmune. É un antibiótico natural grazas aos seus compostos con xofre. Tamén axuda nas afeccións respiratorias e na tos.
As noces apórtannos graxas saudables omega3 e omega6 que melloran o funcionamento do noso sistema nervioso central. A vit B3 relaxa os vasos sanguíneos e mellora así a nosa circulación. As súas graxas e vit B e E axudan ao noso sistema inmune.
Esta receita tamén a podes gozar na Alacena de Cris, na rúa Pintor Juan Luis, 3 en Santiago de Compostela. Grazas Cris!!!