Pastel de verduras de tempada

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
Ingredientes para 4 persoas
– 200 g de coliflor
– 200 g de cabaza
– 100 g de porros
– 1 pé de pac choi
– 8 ovos
– 1 ramiña de apio
– Especias: tomiño, ourego, salvia, cúrcuma, pementa negra…
– Sal e AOVE
Lavar e cortar as verduras en paisana.
Nunha ola poñemos un pouco de AOVE e pasamos as verduras a lume baixo uns 10 min ou ata que estean tenras. De seguido botamos o sal e as especias ao noso gusto. Imos remexendo lentamente para evitar que se queimen.
Batemos os ovos cunhas areas de sal e engadimos as verduras. Vertemos todo nun molde rectangular forrado con papel de forno. Metémolo no forno 20 min a 170º ou ata que ao cravarlle un coitelo este saia limpo.
Veña… á mesa e bo proveito!!!

Receita de Cris, da Alacena de Cris www.laalacenadecris.es na rúa de Pinto Juan Luís, 3 (Zona de Pontepedriña)

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
Proteínas, vitaminas e antioxidantes de tempada que tamén son as que mellor sentan e mellor se asimilan