PEITUGA DE POLO CON PEMENTO VERMELLO

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
– 250 g de peituga de polo ecolóxico por persoa
– 1 cebola eco
– 1 dente de allo eco
– 1 pemento vermello eco
– Sal e pementa
Nunha tarteira pasamos a cebola cortada en rodiñas a lume medio. Engadimos o dente de allo laminado e o pemento picado en tiras. Tapamos e deixamos que se fagan uns minutos. Picamos a peituga en anaquiños e botámola na tarteira destapada para que se faga xunto coa cebola, o allo e o pemento cun chisco de sal remexendo cada pouco. Así que vexamos a peituga douradiña, tapamos e deixamos que se faga durante uns 4 minutos máis. Servimos e gozamos dun prato fácil, rápido e saboroso acompañado por unha ensalada de tempada.

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
O polo é fonte de proteínas de primeira calidade tanto en contido coma en composición de aminoácidos esenciais.
Rico en vitaminas dos grupos B e Fe. Moito máis magra e saudable que a de bovino.
A cebola contén frutooligosacáridos con efecto prebiótico e vitamina C.
O allo axuda a reducir a presión arterial e contén alicina, substancia con efecto antiséptico.
No pemento vermello destaca o seu contido en vitamina C tan importante para o noso sistema inmune, potasio e vitamina A que axuda á nosa vista e ao noso pelo.

Combinación perfecta xa que o ferro contido na carne de polo asimilarase mellor grazas á vitamina C do pemento. Ideal para persoas que conviven con animais, embarazadas e deportistas.

Receita achegada polo noso cociñeiro “Andaunosonacociña”