POTAXE DE GARAVANZOS E KALE

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
– 25O g de verza kale
– Garavanzos cocidos
– 250 g de cabaza
– 1 porro
– 1 allo
– 1 litro de caldo de verdura
– 1 pemento
– 1 culleradiña de tamari
– Sal e pementa negra
– 1 folla loureiro
Sofritir o allo xunto co porro e o loureiro. Cando estea feito engadir a verza kale picada moi finiña, a cabaza en cadrados e un pouco de caldo. Cando a kale estea xa un pouco tenra engadir os garavanzos, as especias, e o resto do caldo co tamari. Deixar facer. Se queremos espesar un pouco o caldo engadir ao final unha cullerada de maicena. Daralle consistencia.

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
A verza kale contén unha grande achega de calcio e ferro.
Os garavanzos son unha elevada fonte de proteína, calcio, ferro e magnesio.
A cabaza achéganos betacarotenos, vitamina C e ademais é diurética.