SOPA MISO

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
– 1 l de caldo vexetal
– 12 g de alga wakame
– 3 culleradiñas de miso
– 175 g tofu
– 100 g de verduras variadas: cenoria, porro, espinaca, acelga
– Shiitake
– Xenxibre
– Tamari
Poñemos o caldo a ferver, cando estea quente quitamos unhas culleradas para que cando tempere poidamos disolver o miso. Nunca engadir o miso en alimentos fervendo xa que perde o seu poder probiótico.
No resto da auga cocemos as verduras picadas en anaquiños xunto coas shiitake, xenxibre relado, as algas o tofu picado en cadros e unha cullerada de tamari. Cando a sopa estea feita a apartamos do fogo e engadimos o miso. Remexemos e servimos.

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
O shiitake achéganos fibra e betaglicanos que fortalecen o sistema inmune e o miso é fermento e fonte probiótica.
O tofu é proteína vexetal, rica en calcio , o xenxibre é dixestivo e carminativo.
A acelga achéganos calcio e ferro.
A cenoria daranos catacarotenos para coidar a nosa vista, pel e mucosa e a alfa wakame serán as proteínas ricas en iodo, tan importante para regular o sistema hormonal.