SOPA XULIANA POSTNADAL

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
– 1 manchea de verza lisa eco
– 400g de cabaza eco
– 1 pé de col chinesa eco
– 1 porro eco
– 1 folla de loureiro eco
– 1/2 ramiña de de apio eco
– 2 follas de salvia eco
– 1 ramiña de romeu e de tomiño eco
– Sal
– Pementa eco
– AOVE eco
– Un pouquiño de ceboliño picado
– Auga ou caldo de verdura ou de polo
Lavar todas as verduras e picalas en xuliana fina. Nunha ola poñemos 2 culleres de AOVE eco, pasamos lixeiramente todas as verduras e botamos as herbas aromáticas. Cubrimos con auga ou caldo e deixamos que comece a ferver. De seguido baixamos o lume e deixamos cociñar ata que todas as verduras estean tenras. Por último, servimos con ceboliño picado. Bo proveito!!

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
Esta sopa é unha boa ración de antioxidantes e fibra saciante de fácil dixestión que, de seguro, o noso estómago agradecerá se se cometeron algúns excesos nestas festas do Nadal ;)

Receita achegada por Cris de La Alacena de Cris:
www.laalacenadecris.es