TRUFAS RAW

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
– 150 g de dátiles
– 50 g de uvas pasas
– 30 g de cacao en po
– 50 g de noces
– 50 g de abelás
– Chocolate 75% de cacao
– Aceite de coco (opcional)
– Sal para pontenciar os sabores
– Opcional: canela, xenxibre, cardamomo…
Deixar hidratar 2 horas os dátiles xunto coas uvas pasas. Nun bo procesador engadir o resto de ingredientes e moer. Darlle forma de trufa e deixar repousar 30 minutos na neveira. Bolear en cacao en po ou, se se prefire unha achega extra, en cacao diluído nunha cullerada de aceite de coco. Deixar refrixerar. Pódense conxelar.

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
Os dátiles achegan hidratos de carbono, son ricos en potasio, ferro e magnesio. Consumir mellor xunto con froitos secos para reducir o seu índice glicémico. Aliado en esforzos físicos ou astenia.
O cacao é rico en triptófano, antioxidantes e magnesio.
Os froitos secos darannos fibra e calcio.