Wok de col chinesa con lagostinos e améndoas

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
500g de col chinesa Nonéomesmo
50g de cebola Nonéomesmo
50g de cogomelos de tempero
12 lagostinos
30g de améndoas picadas
sal
AOVE
Especias ao gusto: comino mído, xenxibre, garan masala, etc
Os alimentos Nonéomesmo son triplemente ecolóxicos xa que son cultivados polas labregas ecolóxicas de proximidade asociadas á Asociación Nonéomesmo. Ti tamén podes asociarte e contribuir a manter un rural vivo e saudable.
Pasar en AOVE a cebola cortada en paisana fina.
Engadir os lagostinos peladiños, a col chinesa cortada en xuliana e os cogomelos. Saltear e aderezar coas especias e o sal. Cando a col chinesa teña soltado todo o seu xugo, retirar do lume, emplatar e engadir a améndoa picada.

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
A col chinesa é rica en potasio, fibra e antioxidantes . Tamén aporta un alto contido en betacarotenos para o coidado da nosa vista.
As améndoas son ricas en fibra, proteínas e vitaminas B e E, ferro, calcio e fósforo. Tamén nos aportan graxas saudables.
Os lagostinos destacan polo seu contido enproteínas e ácedos graxos omega3. Tamén posúen iodo, fósforo, selenio, calcio, magnesio e zinc xunto coas vitaminas B12 e B3.
Esta receita é obra do Restaurante La Alacena de Cris na rúa Pintor Juan Luis, 3. Zona Pontepedriña. Santiago de Compostela. Graciñas Cris!!