Carapuchos abelleiros 2021

No noso ánimo está dar a coñecer a importancia das abellas e da polinización para o mantemento da vida no noso planeta e tamén para a nosa alimentación xa que sen polinización non habería froitos.

Como vén acontecendo nos últimos anos, o Colexio San Xosé de Cluny e A Cesta da Saúde organizamos o concurso de debuxo “Carapuchos Abelleiros” onde o xurado escolleu un debuxo por cada un dos cursos de primaria. Os premiados recollerán o seu merecido premio o vindeiro xoves 2 de decembro na Cesta da Saúde e na primavera farán unha fascinante viaxe ao interior dunha colmea.

Estes son os debuxos premiados. Parabéns aos afortunados!!!!

Estes Carapuchos vestirán aos botes de mel da colleita deste ano 2021.

http://clunyteka.blogspot.com/2021/11/carapuchos-abelleiros-2021.html?m=1

Deixa un comentario

Últimos artigos

Seleccionar por data

Séguenos nas redes