Na Cesta da Saúde…Nonéomesmo!!!

Dende A Cesta da Saúde comprometémonos a traballar día a día para mellorar a nosa sociedade e o noso planeta.

Como o podo facer?

Actuando no ámbito local dende o noso traballo diario e sendo conscientes de que cada cousa que faga pode cambiar enormemente a miña vida e a das persoas que me arrodean. Podemos cambiar o presente e o futuro da nosa socieade e do noso planeta. É cuestión de actitude.

Cal é o noso compromiso?

Á hora de adquirir alimentos, produtos ou servizos, dareille prioridade ás persoas e pequenas empresas locais que tamén asuman os compromisos “Nonéomesmo” e traballen con honestidade a prol da excelencia na calidade do seu traballo.

Evitarei o uso de substancias químicas perxudiciais para a nosa saúde e a do planeta. Aplicarei medidas de aforro enerxético non contaminantes e reducirei a xeración de lixos fomentando a reutilización e a reciclaxe.

Deixa un comentario

Últimos artigos

Seleccionar por data

Séguenos nas redes