As abellas aman locamente as flores e as flores aman apaixoadamente ás abellas. Tanto se aman que xa non poderían vivir unhas sen as outras.
As flores seducen ás abellas ofrecéndolles o seu néctar e a cambio as abellas recollen o pole nas súas patiñas e no seu peludo corpo para levalo a outra flor axudando así ás plantas a reproducirse.
O pole que levan nas súas patiñas serán os graniños que despois nós consumiremos.
É fonte de enerxía altamente nutritivo e proteico. Ademáis axuda a reforzar o noso sistema inmune polo seu contido en vitaminas, aminoácidos, acidos graxos omega 3 e 6, minerais e polifenois.
Todo elo confírelle propiedades antioxidantes, anticanceríxenas, antimicrobianas, antiinflamatorias e hepatoprotectoras.
Se ademais consumes pole fresco daquela estás aportando un plus de bifidobacterias que enriquecerán a túa flora intestinal.
A mellor maneira de consumilo é mesturado con froita no almorzo. Aconsélloche que fagas da seguinte maneira:
1° Colle 1 ou 2 culleres de pole fresco e ponas nunha cunca antes de deitarte.
2° Engádelle o zume de medio limón para que así abra a exina dos grans de pole o poidas dixerilo mellor.
3° Déixao a temperatura ambiente toda a noite.
4° Pola maña prepárate un super almorzo engadindo as froitas de tempero que máis che gusten.
Así que aproveita os poderes do pole e tonifícate, estimúlate, reequilíbrate e desintoxícate!!!