Cando decidimos consumir alimentos ecolóxicos estamos a gañar un enorme poder: o poder de cambiar a nosa saúde, o poder de cambiar a nosa sociedade e axudar a que as persoas que nela convivimos teñamos unha vida digna, e tamén o poder de cambiar a natureza e así desfrutar dun planeta limpo e saudable, libre de contaminación para nós e para as futuras xeracións.