Caixa de 6 meles

O PRODUTO...

Caixa de 6 meles de 1kg variados (a escoller)

82,50

Escribe os meles que desexas e a cantidade de cada un deles. Poden ser todos distintos ou mercar varios botes do mesmo mel.

O QUE CONTÉN...

6 botes de mel de 1kg a escoller entre os seguintes:

Mel A Cesta da Saúde: Mel de bosque do abelleiro Xosé Manuel Durán Orús de Santiago de Compostela.

Mel PoleMel: Mel de castiñeiro do abelleiro Paco García González de Rairiz de Veiga, Ourense.

Mel Suído: Mel multifloral dos abelleiros da SAT Abella Lupa de Covelo, Pontevedra.

Mel Ecomel: Mel de montaña-mielato de carballo do abelleiro Amable Pérez Diz de Muiños, Ourense.

Mel LLaria romeu: Mel de romeu dos apicultores Llaria de Nájera, A Rioxa.

Mel Llaria tomiño: Mel de tomiño dos apicultores Llaria de Nájera, A Rioxa.

Pole: Pole multifloral do apicultor Xosé Manuel Durán Orús de Santiago de Compostela.

AS IMAXES...