CESTA DE CARNE DE XATO 100% DE PASTOREO

O PRODUTO...

As mellores carnes de Galicia

40,00

Esgotado

O QUE CONTÉN...

Nesta segunda quincena de xaneiro ofrecémosche a carne ecolóxica de pastoreo da familia labrega Esther e Xosé Luis de Chotoiba en Agolada, Pontevedra.

Dispós de solombo, osobuco, chuletas, filetes, carne para asar, carne para guisar, carne picada e carne tenra para crianzas en medios quilos. E tamén ósos para facer caldos mineralizantes.

Chámanos ao 981592595 ou escribe a acestadasaude@gmail.com para facer o teu pedido.

Se o prefires, tamén podes gozar da nosa Cesta de Carnes por valor de 40€ e composta de:
1 bandexa de muslos de polo AVEGA. 900g aprox. Galicia
1 bandexa de filetes de raxo fresco Luis Gil. 350g aprox. A Rioxa
3 chourizos semicurados Casa Castelao. 300h aprox. Galicia
1 anaco de lacón Casa Castelao. 300g aprox.
1 anaco de touciño entrefebrado Casa Castelao. 200g aprox.

AS IMAXES...