BIZCOITO DE CABAZA

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
280g de fariñas de espelta
10g de levadura en po
65ml de AOVE ou aceite de coco
100g de panela
65ml de leite vexetal
Un chisco de vainilla
330g de puré de cabaza
Especias ao gusto: Xenxibre, canela, noz moscada, cardamomo en po…
Sementes de cabaza
Poñer a cabaza a asar no forno ou cocela ao vapor uns minutos para conseguir o puré. Reservalo.
Tamizar a fariña e engadir a levadura, panela e especias. Po outra banda, mesturar os ingredientes líquidos: AOVE, bebida vexetal e puré de cabaza. De xeito envolvente xuntar as dúas partes e introducir todo nun molde adecuado. Decorar con sementes de cabaza e meter ao forno a 180º durante 40 minutos aprox.

Como facer?

Que nos aporta?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
A cabaza ten un 90% de auga pero é rica en betacarotenos que nos protexen e axudan á pel, á vista e ás mucosas. Ten unha alta proporción de fibra polo que favorece o tránsito intestinal e axuda a manter o colesterol a raia. É dixestiva e moi versatil na cociña.
As sementes de cabaza son ricas en omega3, magnesio e cinc. Grazas a elo ten propiedades antiinflamatorias e cicatrizantes, axuda ao sistema nervioso e á próstata.
O xenxibre é un rizoma con propiedades dixestivas, antiinflamatorias e antioxidantes. Desminúe as nauseas e os mareos. Axuda nos procesos inflamatorios como a artritis ou a reuma.
A canela axuda a regular os niveis de glucosa en sangue. É dixestiva e afrodisíaca e antiséptica.
A espelta e un cereal altamente enerxético con proteínas de alto valor biolóxico. Fonte de vitamina do grupo B é máis fácil de dixerir que o trigo común.

A cesta de ingredientes

Cesta semanal

10,00

descripción corta de esta cesta

100 dispoñibles

Descripción

dfgndfn galego

dfhsdfhsdfh

dfbsdfhsh