OUTONO - INVERNO

Coa chegada do inverno e as súas baixas temperaturas convén facer fincapé en fortalecer o noso sistema inmune. Grazas ás propiedades dalgúns alimentos que a natureza nos ofrece nesta estación podemos facerlle fronte e así desfrutar desta época cunha boa saúde. A nosa botica ten que estar chea de crucíferas como a col, a lombarda, a coliflor, as coles… xa que son ricas en caratenoides, vit C, E, K e de cogomelos como shiitake, portobello…, fonte de antioxidantes e aminoácidos esenciais. Non esquecermos os legumes reis dos potaxes, que nos darán fibra e proteína vexetal, é importante e tamén ter presente as grandes aliadas contra os radicais libres; as froitas como a granada, o caqui, a laranxa. Unha boa despensa será un bo aliado para o noso organismo.

A mesa está preparada… E ti? 

A Cesta da Saúde

Rúa de Fernando III O Santo, 20

15701 Santiago de Compostela

Traballamos man a man con familias labregas da nosa contorna para que así os alimentos cheguen frescos aos teu fogar.
Xosé Manuel Durán
A Cesta da Saúde