Salmón saboroso, saudable e sostible

Habería que preguntarlle aos osos cal é o salmón máis natural e soboroso. De seguro que eles o saben ben😉.

Nós teremos que conformarnos con outros e deixarlles a eles os salvaxes.

Prevenir antes que curar. Hoxe en día sábese ben como criar salmóns de xeito natural e sostible; en augas abertas nas que as correntes mariñas oxixenan e limpan constantemente a auga onde se crían en semiliberdade poboacións pequenas de salmóns para así evitar doenzas.

Do que se come se cría por iso a alimentación é tan importante. Esta debe ser tamén de peixes e natural, sen hormonas OGM e sen antibióticos.

Estas condicións son comúns a calquera cultivo ecolóxico e sostible que fagamos os humanos. Só así poderemos obter alimentos SSS; saborosos, sostibles e saudables.

Así é o salmón TheSalmonMarket que che ofrecemos na Cesta da Saúde porque cremos que reúne as condicións que a nosa filosofía de vida e traballo nos dicta para que ti tamén o gozes con saúde.

Bo proveito!!!!

Deixa un comentario

Últimos artigos

Seleccionar por data

Séguenos nas redes