Se as remolachas falaran…

Se as remolachas falaran seguramente gañarían o premio Nobel. Elas saben moito máis de nitratos, nitritos e óxido nítrico (NO) que os investigadores que o gañaron en 1998 por descubrir o importante que é o NO para a nosa saúde.

O NO é moito máis que un adverbio; é unha molécula diminuta. Poderíamos dicir que é insignificante se a xulgáramos polo seu tamaño. Pero xa se sabe que as apariencias enganan.

Como se dunha diva do mundo do espectáculo se tratara acabou tendo a súa propia revista e a súa propia comunidade científica onde é considerada como a “molécula milagre”.

Saltou á fama como relaxante das nosas venas evitando así que a tensión arterial se eleve. Despois dese primeiro gran debut foi de éxito en éxito ata acadar fama mundial e ter a condición de molécula sexi.

Esta diminuta molécula formada por nitróxeno e oxíxeno que foi famosa por contaminar o aire cando procede dos tubos de escape dos coches acadou o título de “molécula do ano” en 1992 polos seus espectaculares beneficios para a saúde ao ser considerada “molécula colaborativa” por participar en múltiples procesos fisiolóxicos. Pero non podemos respirala nin masticala. Temos que fabricala no noso interior.

O NO prodúcese no interior dos vasos sanguíneos e ten unha vida tan breve como incriblemente intensa. Este lugar onde se produce a molécula de NO chámase endotelio e cando esta produción diminúe acontece a disfunción endotelial e o endurecemento das nosas venas coa consecuente hipertensión. Despois poden chegar outras disfuncións: a renal, a eréctil. Baixos niveis de NO teñen innumerables consecuencias patolóxicas.

Da diabetes á hipertensión, do cancro á adición ás drogas, dos accidentes cerebrovasculares á motilidade intestinal, dos trastornos de memoria ao shock séptico, das queimaduras solares á anorexia, da impotencia masculina á tuberculose. Probablemente non haxa ningún aspecto da nosa falta de saúde no que a falta de NO non estea implicada.

Pero mentres teñamos remolacha hai esperanza. Ela posúe grandes cantidades de nitratos e outras substancias naturais que cando as tomamos xuntas fan que os nosos niveis de NO se eleven. Pero antes deberemos masticalas ben para que as bacterias beneficiosas que conviven con nós na boca xunto co medio ácido do noso estómago axuden a transformar os nitratos en nitritos.

Si. Leiches ben; as bacterias da boca axúdannos niste proceso. Por elo, non son recomendables os colutorios nin os antisépticos bucais xa que eliminan estas boas aliadas.

Así que cóidate de ter sempre a man vexetais ricos en nitratos: remolachas, acelgas, espinacas…e NON te arrepentirás.

Deixa un comentario

Últimos artigos

Seleccionar por data

Séguenos nas redes