Almorzo súper con pole

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
– 2 culleres de pole fresco se é posible. Se non, pole seco
– Zume de medio limón
– 1 kiwi
– A polpa do medio limón
– 1/2 caqui
– 1/4 de granada
– 1 mandarina
Poñemos o pole a remollo co zume de medio limón a noite anterior antes de deitarnos. Collemos a froita que sexa de tempada agora no inverno. Xa pola mañá preparamos o almorzo. Botamos 1 kiwi, a polpa do medio limón que nos deu o zume, 1/2 caqui, 1/4 de granada e 1 mandarina.

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
O pole é unha fantástica fonte de proteínas, encimas e antioxidantes que, xunto coa froita, é un gran alimento para a nosa flora intestinal e polo tanto para as nosas defensas. Bo proveito e a comer o mundo xa de mañá!!!