A Cesta
da Saúde

TI ELIXES. TI DECIDES.

Hai quen compra mel e quen decide levar unha pinga de natureza para casa.
Hai quen compra froitas e verduras e quen elixe levar a horta que sempre quixo ata a súa cociña.

Reproducir vídeo

HEXAGONAL
As seis propiedades que fan único o Mel de Galicia

Por sabor. Por textura e por frescura. Por saúde. Por calidade. Por orixe. Por compromiso. Na Cesta dá Saúde seleccionamos os mellores meles de Galicia para encher de saúde a túa cesta da compra.

Confía nos nosos produtos! Confía nos nosos abelleiros! Confía nos nosos meles! Ven a visitarnos á Cesta da Saúde e decobre todo o que as abellas poden facer por ti.

LABREGOS
A lóxica máis ecolóxica

Das mellores terras saen os mellores produtos. E dos mellores produtos obtense o maior benestar. Sen químicos. Coidados con todo o agarimo a menos distancia da que pensas. Escollidos fai menos dunha hora para que os goces só unha hora despois.

Consome fresco! Enche o teu fogar de alimentos recién colleitados. Consome san! Leva á túa casa toda a saúde dos nosos campos. Consome de preto! Sen aditivos. Sen conservantes. Sen artificios. Elixe frescura! Elixe Galicia! Elixe Saúde! Para a túa casa, elixe o noso! Na Cesta da Saúde poderás atopalo.

Reproducir vídeo

DA HORTA Á TÚA CASA

Traballamos man a man con familias labregas da nosa contorna para que así os alimentos cheguen frescos aos teu fogar!