CREMA DE LENTELLAS CON CURRY VERMELLO

Ingredientes

ingredientes-a-cesta-da-saude
Ingredientes ecolóxicos e de familias labregas “Nonéomemso” do noso rural que atoparás na Cesta da Saúde.

– 200 g de lentellas
– 1/2 cebola
– 1/4 de porro
– 1/4 de pemento verde
– 1/2 cenoria
– 1 dente de allo
– 1 cravo de olor
– 1 folla de loureiro
– 1 pataca mediana
– 1/2 culleriña ou ao gusto de pasta de curry vermello eco ou o que teñamos a man
– Algúns anacos de pan reseso do día anterior
– AOVE, sal e pementa
Sofritir as verduras, engadir as lentellas, botar a pasta de curry e cubrir de auga. Cocer ata que as lentellas estean feitas. Quitar o cravo e o loureiro. Triturar todo moi ben e coar. Rectificar de sal e pementa. Se fose preciso, engadiriamos algo máis de auga.
Empratar e acompañar con pan reseso fritido.

Como facer?

Que nos achega?

que-nos-aporta-a-cesta-da-saude
Igual que mudamos de roupa coa chegada do inverno, tamén deberiamos mudar os nosos alimentos e a maneira de preparalos.
Os pratos deberían ser moi nutritivos, de coccións lentas e, se pode ser, acompañados de alimentos vivos (miso, chucrut, shiitake) que axuden ás nosas defensas. Tamén enzimas que nos axuden a metabolizalos (xerminados).
Un prato que cumpre sobradamente con estas características son as lentellas. Teñen hidratos de carbono complexos, fibra, manganeso, cinc, potasio, fósforo, vitamina B9… O seu contido en ferro será mellor absorbido grazas á vitamina C do pemento.
É unha fonte de proteína vexetal de fácil dixestión, sen colesterol e sen graxas que para ser completa deberemos combinala cunha fonte de metionina como, por exemplo, o pan.
Por este e por tantos outros motivos non dubides en preparar un bo prato de lentellas unha vez á semana.
Recomendación nutricional achegada pola nosa naturópata Andrea Santos.
Receita achegada polo Restaurante A Moa na rúa de San Pedro, 32 B
www.amoa32.com