Ten certo parecido co corazón e seguramente tamén sexa por iso que axude á nosa saúde cardiovascular.
Os seus beneficios sobre o fígado eran ben coñecidos xa no antigo exipto onde se cultivaba e foi dende alí que chegou a nós.
Posúe flavonoides que protexen, rexeneran e axudan a depurar este valioso órgano.
A alcachofa axuda tamén a evitar a retención de líquidos e estimula a bilis para así facilitar as dixestións.
Polo seu contido en fibra axuda ao tránsito intestinal e a prevenir o extreñimento.
Por todo elo, a alcachofa é unha gran aliada da nosa saúde e este é o momento do ano no que máis sabedora está e mellor nos senta. Bo proveito!!!!